Multiusos da Xunqueira. Redondela.
Este venres 26 de febreiro terá lugar a inauguración da mostra CAMIÑO DE CAMIÑOS na sala de exp. do Multiusos da Xunqueira de Redondela. Se trata dunha exposición colectiva de pintura e escultura, onde o tema central é o Camiño de Santiago. Autores coma o escultor Carlos Tesouro, cunha cabeza de Santiago Apóstolo, o pintor Edmundo Paz, ou a acuarelista Marta P. Lozao nos mostran as súas peculiares impresións sobre o Camiño de Santiago, con motivo do Ano Santo 2010. A mostra poderá visitarse ata o 19 de marzo.
Organiza Concellería de Cultura. Concello de Redondela.
Colaboran: Xacobeo 2010, Fundación Caixa Galicia, Caixa Nova e a Caixa de Pensións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario